Filtran unha imaxe dun futuro tablet de Samsung
xoves, 3 de xuño do 2010
Cando o móbil Samsung Galaxy S chega a Europa fÃltrase á Rede unha
imaxe na que podemos ver tal terminal xunto ao seu irmán maior, o Samsung
Galaxy Tab, que será un tablet con pantalla TFT de 7 polgadas que funcionarÃa
co sistema operativo Android e que destacarÃa, entre outras cousas, por contar
cunha icona de chamadas en pantalla, ou sexa, que serÃa un modelo 3G que non
terÃa limitadas as funcións de voz coma o iPad de Apple, de xeito que
poderiamos estar directamente ante un Samsung Galaxy S cunha pantalla xigante, que incluso conta con cámara
frontal para videochamada e que, segundo os rumores, serÃa o primeiro de 3
modelos (¿presentará Samsung tablets de varios tamaños?).