Fíltranse as especificacións do novo Moto E 4G

martes, 10 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Tras a estrea da versión con 4G do novo Moto G no Brasil chega agora, a través dunha publicación accidental na páxina web de Best Buy nos EE.UU., o novo Moto E con 4G, que resulta moi prometedor, xa que mantendo 1 GB de RAM, Bluetooth 4.0 e cámara traseira de 5 Mpíxeles, melloraría a súa pantalla cunha resolución de 960 x 540 píxeles ampliando o seu tamaño de 4,3 a 4,5 polgadas, contaría cun procesador Qualcomm de catro núcleos a 1,2 GHz con soporte para redes LTE, 8 GB de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámara secundaria 0,3 Mpíxeles e un único altofalante frontal, detalles que supoñen unha interesante mellora (agás a redución no número de altofalantes, xa que o modelo orixinal tiña altofalantes nas súas partes superior e inferior en vez de só na superior) para un terminal cun prezo tan axustado, resultando especialmente rechamante que figurase cun prezo sen contrato de 99 dólares xa que o prezo oficial do modelo anterior é de 119,99 dólares.
É posible que o Moto E 4G chegue a España a un prezo de 99 euros, cando menos ao que se refire ao seu prezo real, xa que actualmente o prezo oficial do smartphone é de 119 euros, pero pode atoparse por 79 euros, de aí que non resultase sorprendese que, aínda que a actualización manteña o prezo, nas tendas poidamos ver atractivas ofertas do que aspira a ser o teléfono de entrada coa mellor relación calidade-prezo do mercado.

PUBLICIDADE