Fíltranse datos persoais dos clientes de Repsol

venres, 20 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Os clientes de Repsol están a recibir unha comunicación na que se lles informa de que o pasado 10 de setembro detectaron unha filtración de datos persoais como consecuencia dunha incidente padecido por un dos seus provedores e que, en consecuencia, se viron afectados datos persoais como son o nome completo, o número de DNI, o enderezo, os datos de contacto e o CUPS, sen incluír datos bancarios, contrasinais ou datos de consumo.
Sorprende (e mesmo indigna) que o comunicado sosteña que «en ningún caso afectou a datos sensibles», cando a filtración achega información máis que suficiente para facilitar a suplantación de identidade de usuarios para contratacións de enerxía fraudulentas ou para facilitar a suplantación da propia compañía enerxética para cometer distintos tipos de calotes que levan anos sendo moi frecuentes.