Fíltranse detalles sobre GPT-5

xoves, 7 de agosto do 2025 Marcus Fernández

Está previsto que ás 19:00 horas OpenAI presente ao mundo o agardado GPT-5, pero o blog de GitHub filtrou accidentalmente a información que se desvelará oficialmente esta tarde, detallando as principais características do vindeiro grande modelo de linguaxe da compañía de Sam Altman.
Aínda que a publicación do blog de GitHub retirouse rapidamente, o contido xa foi difundido amplamente, de xeito que confírmase que GPT-5 chegará en catro variantes deseñadas para responder a diferentes necesidades dentro do ámbito da intelixencia artificial. Concretamente teríamos:
– GPT-5: orientado ao razoamento lóxico e á resolución de procesos complexos
– GPT-5 mini: unha versión máis lixeira pensada para escenarios con menos esixencias
– GPT-5 nano: optimizado para respostas ultrarrápidas e mínima latencia
– GPT-5 chat: centrado no diálogo multimodal e os usos empresariais
O novo modelo tamén mellora o seu comportamento como axente de IA, é dicir, pode levar a cabo tarefas máis complexas con menos instrucións por parte do usuario. Esta evolución reforza a súa autonomía e eficacia en escenarios que requiren comprensión contextual avanzada.