Hai uns días Jeff Bezos adiantou que esta semana dará detalles sobre a 8ª xeración do seu lector de libros electrónicos, o Amazon Kindle, e as xa hai filtracións sobre o novo produto, que terían chegado a través da páxina xaponesa de Amazon, onde apareceu listado accidentalmente o Kindle Oasis, de xeito que o nome clave que se coñecía ata o momento (Whiskey) correspondería só ao produto en desenvolvemento.
Algúns entenden que o nome de Oasis podería significar que estamos ante un lector de libros electrónicos resistente á auga, que era do pouco que podía deducirse da filtración ata que xurdiron varias imaxes que amosan detalles do produto, que amosa unha aparencia bastante peculiar, na que o trebello dividiríase en dúas partes: unha cun grosor de só 3,4 milímetro e outra cun grosor de 8.5 milímetros (onde estarían un par de botóns de control alargados e presumiblemente o seu hardware principal e batería, resultando tamén a zona máis cómoda para o seu agarre.
Outro detalle curioso é que o deseño estaría pensado para ser ambidextro, de xeito que poderá xirarse en función da man coa que desexemos suxeitar o eReader. Este trebello con pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 300 dpi pesaría só 131 gramos, o que supón unha mellora considerable fronte aos 180 gramos do Kindle Voyage, polo que estamos ante un dispositivo que resulta principalmente destinado aos lectores máis intensivos.
Fíltranse imaxes do novo Kindle de Amazon
Compartir Este Artigo

