FÃltrase á Rede unha copia de Resident Evil 5 antes do seu lanzamento
martes, 3 de marzo do 2009
O vindeiro dÃa 13
chegará ás tendas de videoxogos europeas o agardado Resident
Evil 5, que promete ser, xunto con Street Fighter IV (curiosamente tamén de Capcom), un dos meirandes
éxitos de vendas da primeira metade do ano para Xbox 360 e PlayStation 3, pero
o arranque deste tÃtulo poderÃa ser menos forte do agardado porque xa se
filtrou á Rede por parte dun grupo que responde ao nome de KFC unha copia
do xogo para Xbox 360 que corresponderÃa á versión norteamericana
(que está libre de protección rexional).
Estariamos ante un caso máis no que haberÃa que instar aos editores dos xogos a
coidar mellor os seus tÃtulos para evitar a súa filtración, pois o feito de que
sexa posible conseguir ilegalmente un xogo antes do seu lanzamento desvirtúa o
produto final, xa que os usuarios máis fieis mesmo reservan os xogos con antelación
non son os primeiros en gozar dos mesmos, o que resulta moi inxusto e poderÃa
minar á Industria a longo prazo.
