Final Fantasy VII volve ao PC a través de Steam

xoves, 4 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Final Fantasy VII, xogo lanzando en 1997 para a primeira PlayStation e adaptado un ano despois para PC, está considerado como o mellor episodio desta franquía ou, cando menos, o máis representativo, agardando durante moito tempo os seus seareiros un remake que facilite o seu goce en equipos modernos coas debidas modificacións técnicas e xogables, pero mentres non chega, hoxe aparece unha nova oportunidade de gozar do título orixinal, que chega a Steam a un prezo de 10,99 euros, permitindo así que poida executarse sen problemas nun sistema operativo moderno incluíndo algunhas novas características.
Esta revisión do xogo que vendeu máis de 10 millóns de copias permite desbloquear ata 36 logros, gardar as nosas partidas na nube para poder continualas en distintos equipos e facilita o xogo cun editor de personaxes (de xeito que podemos incrementar certos elementos do mesmo para superar certas seccións con facilidade no caso de quedarmos bloqueados).
Para funcionar precisa dun PC con Windows XP/Vista/7 que como mínimo conte cun procesador a 2 GHz, 1 Gb de RAM, 3 Gb de disco duro libre e gráfica compatible con DirectX 9.0c.

Esta nova edición de Final Fantasy VII é practivamente igual á editada para PC en 1998 con lixeiras melloras (propias da súa distribución a través de Steam)


Trailer do regreso de Final Fantasy VII ao PC