Final Fantasy XIV: A Realm Reborn terá versión para PlayStation 4

luns, 27 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

En 2013 Square Enix fixo realidade a resurrección do seu malogrado xogo masivo en liña Final Fantasy XIV na forma de Final Fantasy XIV: A Realm Reborn, título para PlayStation 3 e PC que acumulou máis de 1,5 millóns de conta de usuario, polo que consideraron atinado anunciar que o vindeiro 14 de abril o xogo dará o salto á nova PlayStation 4, sendo posible gozar da súa versión de proba a partir do 22 de febreiro.
Tamén será posible facerse cunha edición para coleccionistas do xogo no que haberá que defender o reino de Eorzea, que contará cunha caixa exclusiva cun deseño de Yoshitaka Amano, un libro de ilustracións con cubertas duras, un disco coa banda sonora, un grupo de cartas de deseños, o token de seguridade telemática e unha serie de contidos dixitais para o xogo. Aparte do disco co xogo, tamén se inclúe un segundo disco co contido adicional titulado The Waning of the Sixth Sun.

O lanzamento de Final Fantasy XIV: A Realm Reborn celébrase cunha edición para coleccionistas bastante completa

PUBLICIDADE