Final Fantasy XVI estrea demo para PC
luns, 19 de agosto do 2024
O xogo Final Fantaxy XVI que Square Enix estreou para PlayStation 5 hai algo máis dun ano, por fin ten data de lanzamento para PC, fixándose a súa saÃda para o 17 de setembro e preparando o terreo cunha versión de demostración que xa pode descargarse a través de Steam e da tenda de Epic Games, onde o xogo está dispoñible para a súa compra anticipada a un prezo de 49,99 euros.
A demostración de Final Fantasy XVI permite gozar do comezo do xogo, podéndose trasladar os datos de gardado á versión completa do xogo. Tras completar o comezo da historia a demo permite gozar do modo DesafÃo eikónico, creado especialmente para esta versión de adianto.
Dado que estamos ante un xogo deseñado para PlayStation 5 cómpre advertir de que ten unhas esixencias técnicas relativamente elevadas en PC, recomendándose contar cun ordenador equipado cun procesador equivalente a un Intel Core i7-10700 cun mÃnimo de 16 GB de RAM e cunha gráfica nVIDIA RTX 2080, para poder gozar dunha experiencia digna, aÃnda que o xogo poida funcionar en equipos máis limitados (de conformarnos con gráficos a 720p).
Tráiler de Final Fantasy XVI para PC