Final Fantasy XVI terá versión para PC
luns, 4 de setembro do 2023
Dentro da
celebración do evento PAX West 2023, Naoki Yoshida, produtor de Final
Fantasy XVI anunciou que, pese a que o xogo saÃu á venda como exclusivo
para consolas PlayStation 5, estaban a recibir moitas solicitudes para que lanzasen
tamén unha versión para PC, polo que decidiron iniciar xa o seu desenvolvemento.
Yoshida asegurou que a
versión para PC de Final Fantasy XVI chegará antes do remate do ano,
e tamén terá dispoñibles as dúas expansións que están en desenvolvemento para PS5.
Queda agora agardar a un anuncio oficial no que detallen a data de lanzamento
da conversión dun dos mellor valorados do que vai de ano, que previsiblemente
tamén terá moi boa aceptación en PC.
VÃdeo no que dan conta das novidades que están a incorporar a Final Fantasy XVI