Finetwork lanza tarifas de verán con datos ilimitados
luns, 2 de xuño do 2025
O operador Finetwork, que acumula impagamentos a Vodafone, compañÃa a través da que ofrecen o servizo de telecomunicacións aos seus clientes, está somerxida nun proceso concursal na procura da súa supervivencia corporativa, e mentres conta coa protección do proceso (que impide que Vodafone lles corte o servizo), decidiron lanzar unhas tarifas de verán coa intención captar novos clientes.
A tarifa máis salientable das presentadas serÃa unha tarifa móbil con datos ilimitados por 10 euros/mes, que terÃa un compromiso de permanencia de 12 meses, mantendo o prezo unha ver transcorrido tal perÃodo.
A outra tarifa que se lanzarÃa para captar novos clientes no verán serÃa a que achega fibra simétrica de 1 Gbps e 2 liñas móbiles con datos ilimitados por 33 euros/mes, tamén cun compromiso de permanencia de 12 meses.
Aseguran que estas tarifas estarán dispoñibles unicamente aos primeiros 5.000 clientes que as contraten, á vez que tamén se promociona con carácter estival, co que procuran animar a clientes a subir ao seu carro coa vista posta no elevado consumo de datos no móbil que moitos realizan durante o verán (cando pasan moito tempo fóra do fogar).
Sorprende que a estratexia para mellorar os resultados económicos da compañÃa sexa ofrecer prezos aÃnda máis agresivos, dando a impresión de que simplemente queren engordar o seu volume de clientes de cara a negociacións de débeda ou incluso unha posible venda.