Firefox faise máis social na súa versión 21
martes, 14 de maio do 2013
Nas últimas horas publicouse oficialmente a versión 21 do
navegador web Firefox, de xeito que xa podemos descargala
en galego para Windows, OS
X e Linux,
que incorpora importantes novidades como a posibilidade de elixir entre 3 opcións
distintas na configuración de Do Not
Track ou Seguimento (dicirlle
aos sitios que non quero ser seguido, dicirlle aos sitios que quere que me
sigan e non informar aos sitios sobre as miñas preferencias de seguimento), poder
remitir informes de saúde do
navegador para axudar aos desenvolvedores a corrixir os seus fallos, suxire
como mellorar o tempo de inicio da aplicación se é preciso e a unha ampliación
do soporte de provedores da API Social de Firefox, de xeito que facilÃtase
que as plataformas sociais en liña poidan integrarse no navegador como barras
laterais ou mediante botóns de notificación na barra de ferramentas de Firefox.
As novas funcións de Firefox estreáronse o ano pasado con Facebook (que pode
integrar o seu sistema de mensaxerÃa no navegador), e agora inclúen tamén
ás plataformas sociais Cliqz, Mixi (só
dispoñible no Xapón) e msnNow,
ás que agora pódese acceder aÃnda que estea a visitarse calquera outra páxina web.
- Coa nova Social API de Firefox podemos compartir novas a través de MSN Now directamente dende o navegador