Fitbit coida o deseño da súa nova pulseira de actividade
mércores, 3 de febreiro do 2016
Os monitores de actividade fÃsica son produtos emerxentes
que cada están máis presentes nas nosas vidas, tanto de xeito independente como
integrados en smartwatches, e aÃnda
que a súa principal función sexa a de medir se permanecemos activos durante o
dÃa, o rexistro de información non é máis que unha desculpa para manter ao
usuario motivado para facer exercicio e abandonar hábitos sedentarios, e para
facer estes produtos máis doados de adoptar presentan a pulseira Fitbit Alta, que como grande signo de
distinción ten o seu deseño coidado e elegante, que busca adaptarse a numerosos
gustos estéticos, de xeito que conta con bandas intercambiables, á vez que
serve para medir pasos, distancia, calorÃas queimadas e minutos en activo. O
produto tamén é resistente á auga e, como grande vantaxe fronte aos
smartwatches actuais goza dunha autonomÃa de até 5 dÃas.
Fitbit
Alta presume asà de ser un accesorio que pode adaptarse a calquera situación
(con correas intercambiables de metal, coiro ou elastómero, que poden
adquirirse por separado), que achega notificacións do móbil (para poder alertar
de chamadas, mensaxes de texto ou eventos da axenda aÃnda que teñamos o
teléfono nun bolso ou chaqueta), monitoriza o sono e pode empregarse a xeito de
espertador (funcionalidade especialmente apreciada por quen durme en parella,
para non espertar ao acompañante cunha molesta alerta sonora, xa que a pulseira
pode espertar mediante vibración), detecta cando facemos exercicio (para facer
o debido seguimento) e incluso amosa pequenos recordatorios durante o dÃa para
instarnos a cumprir cos obxectivos de actividade que nos vaiamos fixando.
A Fitbit Alta podemos reservala
xa por 139,95 euros, aÃnda que non a recibiremos até o mes de abril,
estando dispoñible en catro cores distintas e tres tamaños. Esta pulseira, como
vén a ser habitual nesta liña de produto, integra unha pantalla táctil OLED,
conectividade Bluetooth 4.0, sincronización co ordenador a través de Bluetooth,
acelerómetro de tres eixes e motor de vibración. Para poder tirar proveito
deste accesorio contaremos con aplicación
para iOS, Android e Windows que facilitará a consula dos resumes do
exercicio fÃsico, analizará as nosas tendencias, monitorizará a nosa
alimentación e outras funcións.
VÃdeo promocional da Fitbit Alta