A poucos días de salientar o éxito do xogo Flappy Bird para iOS e Android temos que dar conta da desaparición da aplicación das tendas en liña oficiais, pois o seu creador, Dong Nguyen, pese a estar a ingresar 50.000 dólares ao día en publicidade a través do xogo, non soubo levar ben a atención que estaba a recibir por mor deste fenómeno de moda, e decidiu retirar o eu xogo do mercado.
Estamos ante unha decisión que non afecta ás máis de 50 millóns de descargas do xogo, senón limítase a pechar a porta a novos usuarios, coa intención de afastar a vista do creador do xogo, que en ningún momento buscou a atención mediática. Aínda que Nguyen admite que Flappy Birds foi un éxito persoal, di que o seu xogo arruinou a súa vida sinxela, polo que agora ódiao; pero tamén detalle que seguirá a desenvolver videoxogos.

Como curiosidade, agora que é efectiva a desaparición oficial de Flappy Bird, en eBay están a pór á venda smartphones co xogo instalado a prezos ridículos (no que claramente corresponde a ofertas feitas de broma, pois pagar 90.000 dólares por un iPhone 5 non resulta moi crible).
Flappy Bird abandona as tendas de aplicacións
Compartir Este Artigo

