Flashback adáptase ao iPhone mediante emulación

venres, 8 de maio do 2009 Marcus Fernández

En 1992 saíu para os ordenadores Amiga o videoxogo Flashback, que rematou adaptándose a case todas as plataformas do momento, e agora volve conservando o seu espírito intacto porque veñen de incorporar a iTunes unha versión do xogo par ao iPhone e iPod Touch, que en realidade é unha especie de emulador no que se cargou a ROM do título para poder gozalo como na súa versión orixinal a través dos seus 7 niveis.
O Flashback orixinal fixo época, e agora sorprende que empreguen tantos elementos collidos do primeiro xogo como para achegalo ao iPhone., e aínda que non sexa un remake en toda regra, a emulación abre unha porta a certos contidos históricos.


Vídeo-artístico de Presentación

PUBLICIDADE