Flashback estrea remake para Xbox 360

mércores, 21 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Microsoft continúa a celebrar o seu Summer of Arcade na tenda de Xbox LIVE, e o xogo que estréase hoxe en formato descargable para a Xbox 360 é o remake do clásico Flashback, recuperado por VectorCell vinte anos despois do lanzamento do xogo orixinal e que por 800 Microsoft Points (uns 9,6 euros) permítenos volver a enfundarnos na pel de Conrad B. Hart nunha aventura de desprazamento lateral na que descubriremos unha conspiración alieníxena aterradora.
No xogo haberá que saír de contornos complexos e traizoeiros realizando distintos movementos, xestionaremos o noso armamento e equipamento de alta tecnoloxía para enfrontarse a inimigos e xuntaremos as pezas do quebracabezas da memoria do protagonista para redescubrir quen é.
O remake deste clásico xogo de plataformas que chega hoxe a Xbox 360 ten prevista a súa chegada tamén a PC e PlayStation3 no outono.


Trailer desta revisión de Flashback

PUBLICIDADE