FlipShare TV leva sen fíos os contidos audiovisuais do PC ao televisor
mércores, 2 de decembro do 2009
Para facilitar o acceso aos
contidos multimedia no ordenador dende o televisor comercializan FlipShare
TV, un dispositivo consistente nunha chave USB que conectamos ao PC
ou Mac e que transmite sen fíos (aínda que non contemos con router Wi-Fi) as
fotografías e películas que teñamos no ordenador a un receptor con saídas de
vídeo composto e HDMI conectado ao televisor
do salón, á vez que o sistema pódese controlar cun mando a distancia.
Esta solución é capaz de achegar imaxes en alta definición (grazas a que funciona
en Wi-Fi N, aínda que con interfaces propietarias para facilitar o
seu funcionamento) e o
seu prezo sería de só 149 dólares (98,76 euros).