Folga parcial dos traballadores de Dinahosting

xoves, 7 de outubro do 2021 Marcus Fernández

O comité de empresa da empresa compostelá Dinahosting organizou unha folga contra a precarización das condicións laborais que aseguran que foi seguida polo 70% do persoal, mobilización coa que pretenden reactivar o convenio de empresa que tiñan vixente até que a compañía decidiu adoptar o convenio estatal de consultorías.
Este paro desenvolvido entre as 10:00 e as 14:00 horas conseguiu visibilidade coa concentración diante das instalacións da sede da compañía na rúa Salvadas entre as 12:00 e as 13:00 horas. Está previsto que durante a xornada de mañá o comité manteña unha xuntanza coa empresa, confiando os representantes sindicais que poidan chegar a un acordo que evite a precariedade laboral para así non ter que continuar coas mobilizacións.

ACTUALIZACIÓN: Traballadores da empresa comunícannos que a xuntanza prevista entre comité e empresa desconvocouse ao levantarse Dinahosting da mesa de negociacións.

PUBLICIDADE