For Honor celebrará unha beta pechada a finais de mes

venres, 13 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O 14 de febreiro Ubisoft porá á venda para Xbox One, PS4 e PC o esperado xogo For Honor, un título de loita competitivo en terceira persoa que combina velocidade, estratexia e colaboración con combates viscerais e que chama poderosamente a atención por permitir o enfrontamento de viquingos, samurais e cabaleiros medievais, permitindo que o usuario sexa capaz de sentir a potencia de cada golpe, a forza dos impactos e o peso das armas, introducíndoo dun xeito inédito na acción.
Pero o que promete o xogo é difícil de saber se estará á altura das expectativas se non o probamos de primeira man, e para facilitar a introdución ao xogo, á vez que proban e calibran os seus servidores en liña, están a dar conta que terá unha beta pechada entre os días 26 e 29 de xaneiro, ou sexa, que os interesados en facerse con For Honor terán 4 días completos para gozar do innovador sistema de combate do xogo, sendo preciso inscribirse vía web para poder participar da fase de probas (instándonos o formulario correspondente a elixir entre as 3 plataformas do xogo e as 3 faccións de guerreiros).

Tráiler de For Honor

PUBLICIDADE