Foreign Legion: Buckets of Blood, novo shooter para Mac

luns, 3 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Non é moi habitual que deamos conta de novos xogos para ordenadores de Apple, pois normalmente limítanse a ser versións doutros títulos para PC, pero Foreign Legion: Buckets of Blood é toda unha agradable sorpresa, pois este título para Mac OS X 10.3.9 ou superior que venden por 9,99 dólares (6,30 euros) destaca pola súa aparencia de debuxo animado que lembra en certo xeito ás figuras de LEGO, e que presenta a uns lexionarios protexendo unha vila contra o ataque dunha armada rebelde. Este xogo de tiros en terceira persoa colócanos na pel do derradeiro membro da Lexión Estranxeira, na defensa dunha localización contra emboscadas rebeldes e á espera dun rescate en helicóptero.
O xogo conta cunha bando sonora que evoluciona dinamicamente, reaccionando ás nosas accións e goza dun completo arsenal de armas, así coma dun amplo abano de niveis de dificultade.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE