Forte oposición na web á Lei Sinde
luns, 20 de decembro do 2010- Numerosas páxinas web de descargas abriron cunha pantalla en negro na que figuraba unha mensaxe en oposición á Lei Sinde
A
posible aprobación pola porta de atrás
da Lei de EconomÃa Sustentable este martes, incluÃndo no seu articulado a
coñecida coma Lei Sinde, está a crear moito rebumbio na Rede, de xeito que
moitos persoeiros e entidades están a incrementar as súas manifestacións
públicas declarando a súa desconformidade ante unha regulación que consideran
inxusta por ir «contra os intereses dos
cidadáns para favorecer a un poderoso lobby cun modelo de negocio caduco que
non quere reconverterse» segundo sosteñen dende FACUA-Consumidores en
Acción, asociación que remitiu aos
grupos parlamentarios 29.755 sinaturas de usuarios contra o texto legal que
pretenden aprobar e que posibilitarÃa o peche de páxinas web a través dun
procedemento express que parece violar
dereitos fundamentais e que vai en contra da xurisprudencia dos últimos anos
(dando a impresión de que a Lei busca evitar que os xuÃces fagan o seu traballo
impondo o veto de actividades consideradas totalmente legais).
Ante a proximidade da aprobación do texto legal moitas páxinas web de descargas
e streaming colgaron
durante horas na súa portada un texto denunciando que de aprobarse a Lei Sinde
desaparecerÃan e a Internet converterÃase nunha «tele máis ao servizo do poder», polo que consideran que o peche de
páxinas web supón un acto de censura e vulnera a liberdade de expresión na
Rede; pero non todos os internautas decidiron realizar reivindicacións dun
xeito pacÃfico, e o grupo Anonymous
instou a lanzar un ataque
de denegación de servizo distribuÃdo ás páxinas web de formacións polÃticas
(concretamente do PSOE, o PP, CiU e o PNV) ás 18:00 horas, o que parece que
conseguiron cun éxito total, aÃnda que no caso do PSOE utilizaron certas
técnicas para evitar dar a impresión de que a súa páxina vÃrase afectada polo
ataque (cando na
práctica estaba conxelada para non
acusar os efectos dunha cantidade masiva de consultas por múltiples usuarios,
de xeito que podÃase comprobar moitos dos contidos da web do PSOE estaban
inaccesibles durante o ataque).
A repercusión que están a ter as declaracións e actos contra a Lei Sinde
parecen estar dar os seus froitos, e aÃnda que resulte improbable, non
desbotan a posibilidade de que o PNV contribúa ao rexeitamento da polémica Lei.