Fortes crÃticas á protección DRM de Spore
martes, 9 de setembro do 2008
A última creación
de Will Wright, Spore, chega
finalmente ás tendas, pero pese a que se trata dun xogo excelente e orixinal,
non está a ser moi ben recibido por incorporar un sistema DRM (Securom) que só
permite a súa instalación en 3 ocasións, o que non
parece agradar aos usuarios, que temen que tras pagar os preto de 60
euros que custa o xogo poderÃan quedar sen o mesmo se teñen que reinstalar o
seu sistema operativo ou cambiar de ordenador en varias ocasións (ou sexa, que
en vez de mercalo os usuarios o estarÃan a alugar).
O sistema de protección do xogo incluso se instala no ordenador e non se pode
desinstalar, do que parece que Electronic Arts non informa axeitadamente, aÃnda
que o peor de todo é que todas estas medidas de seguridade só serven para
molestar aos usuarios lexÃtimos, pois xa existen
copias crackeadas do xogo dende o dÃa
do seu lanzamento (e antes de que chegase ás tendas de moitos
paÃses).
Por desgraza, todo este panorama está a afectar moi negativamente ao xogo, que
aÃnda que a
crÃtica profesional lle dá un 86 sobre 100, os usuarios o castigan
cun 6,5 sobre 10. Na plataforma
de revisións por parte dos usuarios en Amazon a situación aÃnda é
máis radical, con 1.255 de 1.345 revisións puntuando o xogo con só 1 de 5
estrelas, ou sexa, que a loita contra a copia do xogo poderÃa pasarlle factura
a Electronic Arts (pois moitos consumidores poden preferir unha copia pirata a unha copia infectada por Securom).