Fortnite Battle Royale ultima a súa chegada a dispositivos móbiles
venres, 9 de marzo do 2018
Nos últimos
meses o xogo Fortnite converteuse en
todo un fenómeno de masas, conseguindo aproveitar o pulo do xénero dos battle royale e converténdose en todo un
referente do mesmo, pero Epic Games non se conforma con trunfar en PlayStation
4, Xbox One, PC e Mac, e anuncian
que están a preparar o salto de Fortnite
Battle Royale a smartphones e tabletas, mantendo as mesmas
caracterÃsticas que o tÃtulo para 100 xogadores do resto de plataformas, ou
sexa, que conservará xogabilidade, mapas, contidos e incluso contará coas
mesmas actualizacións semanais, de xeito que a versión móbil non serÃa inferior
ao resto.
A versión móbil do xogo lanzarase inicialmente para iOS, abrÃndose o vindeiro
luns un evento de invitación para que os interesados en probalo poidan
inscribirse, para poder logo recibir unha ligazón para descargar o xogo da App
Store. As invitacións iranse repartindo progresivamente entre os xogadores
inscritos, recibindo tamén os xogadores códigos de invitación que poder
compartir cos seus amigos.
AÃnda que tardará uns meses en chegar a Android, o que xa confirman para todas
as versións móbiles é que gozarán de xogo cruzado e progresos cruzados con
PlayStation 4, PC e Mac, ou sexa, que os xogadores poderán saltar entre
distintas plataformas e xogar cos seus amigos con independencia dos dispositivo
no que xoguen (coa excepción da Xbox One, consola que queda fóra do xogo
cruzado).