Dende Epic Games veñen de dar detalles sobre o apartado competitivo de Fortnite, anunciando que de cara ao Fortnite World Cup celebrarán dez fases clasificatorias semanais entre os días 13 de abril e 16 de xuño, poñendo en xogo 1 millón de dólares cada semana entre os xogadores que cumpran coas condicións.
Os 100 mellores xogadores en solitario e os 50 mellores equipos de dúos de todo o mundo uniranse na final de Fortnite World Cup en New York do 26 ao 28 de xullo para optar a un premio de 30 millóns de dólares. Cada un dos xogadores recibirá un mínimo de 50.000 dólares e o campión en solitario conseguirá 3 millóns de dólares.
Pero o mundial de Fortnite non será o único xeito de conseguir premios económicos, ou sexa, que ata o remate do ano continuarán a ofrecer premios de 1 millón de dólares cada semana. Tamén organizarán diferentes eventos locais, de xeito que en total destinarán 100 millóns de dólares en premios ao longo de 2019.
Fortnite repartirá 100 millóns de dólares nas súas competicións de 2019
Compartir Este Artigo

