Fortnite, un xogo de zombis no que hai que construÃr fortalezas para defenderse
luns, 24 de xullo do 2017
O 25 de xullo non só vai ser un dÃa moi especial para os
galegos, senón que moitos xogadores de todo o mundo tamén van celebralo por ser
a data de lanzamento do último tÃtulo de Epic Games, Fortnite, un xogo de
acción e construción cooperativo no que fozar, rebuscar, construÃr e defender
fortalezas contra hordas de monstros en mundos que farán que non haxa dúas
partidas iguais.
Este sandbox cooperativo en liña para
catro xogadores desmárcase bastante do que estamos afeitos nos xogos de zombis,
xa eu desta volta a aparencia dos personaxes é amable e a acción non se
limitará a fuxir dos inimigos ou destruÃlos, senón que a construción de
fortalezas é unha parte fundamental da experiencia.
Tamén será posible colleitar obxectos para construÃr armas e trampas; os heroes
terán distintas aparencias e habilidades en función da súa clase (vagabundo,
soldado, ninja ou construtor); e este interesante xogo está dispoñible
para PS4, Xbox
One, PC
e Mac, sendo posible descargalo de balde nalgunha das plataformas, aÃnda
que para poder xogar realmente é preciso adquirir un pack de fundadores (lotes que teñen prezos que van dos 39,99 até os
149,99 euros en función dos seus contidos).
Un detalle a salientar deste xogo é que ligando a conta de usuario da
PlayStation Network coa de Epic será posible gozar de progresos multiplataforma
entre PC, Mac e PS4.
Tráiler de Fortnite