Forza Horizon 2 chegará a Xbox One e Xbox 360 no outono
luns, 2 de xuño do 2014
O
vindeiro outono os afeccionados aos xogos de condución poderán gozar da secuela
dun dos seus tÃtulos favoritos, pois Microsoft
confirmou que en tal data as súas consolas de videoxogos contarán co xogo Forza Horizon 2, que para Xbox One
está a desenvolver Playground Games, mentres que a versión para Xbox 360 corre
a cargo de Sumo Digital (aÃnda que esta última será unha versión moi inferior,
por estar baseada no motor gráfico da entrega anterior).
Para facer realidade Forza Horizon 2
para Xbox One dende Playground Games xuntaron forzas con Turn 10 Studios, subsidiaria
de Microsoft coa que xa colaboraran no anterior Forza Horizon e que foi a que estreou a franquÃa na Xbox One co
lanzamento hai pouco máis de medio ano de Forza
Motorsport 5.
Este novo xogo contará con centos de coches, entre os que destaca o Lamborghini
Huracán de 2015, que servirá de emblema para este novo tÃtulo que levará a
acción ao sur de Europa. A semana que vén coñeceranse máis detalle do xogo co
gallo da celebración do E3.