Fujifilm lanza unha nova impresora portátil para móbiles
luns, 27 de xuño do 2016
Cada vez é maior o número de fotografÃas que tomamos co
móbil, facilitando que queden no esquecemento, polo que non son poucos os que
avogan pola súa impresión como un xeito de conservar os recordos, pero ter que
recorrer a un servizo de impresión tradicional ou en liña racha coa maxia do
momento, o que leva a que varios fabricantes confÃen no efecto Polaroid, e comercialicen cámaras instantáneas e impresoras
portátiles instantáneas como a nova instax
SHARE SP-2 de Fujifilm, que permite reproducir as instantáneas do noso
móbil en fotografÃas de alta calidade co tamaño dunha tarxeta de crédito en
apenas 10 segundos.
- A cámara comercialÃzase en dúas cores distintas
Fujifilm lanzou a primeira versión desta impresora (a SP-1) hai un par de anos,
e ante o seu bo funcionamento comercial decidiron lanzar a súa sucesora, mellorando
a súa calidade de impresión e ofrecendo novas funcionalidades (como filtros
personalizables para axustar o brillo, o contraste e a saturación das
instantáneas) adaptándose ás demandas dos usuarios.
Esta impresora conta con conectividade Wi-Fi, facilitando asà que poida
controlarse a través dunha aplicación para iOS ou Android, empregando para a
impresión papeis de 62 x 46 milÃmetros á venda en lotes de 10 e que poden imprimirse
a 320 puntos por polgada. Esta impresora portátil só mide 89,5 x 113,8 x 40
milÃmetros, pesa 250 gramos e conta cunha baterÃa recargable nuns 90 minutos.
VÃdeo promocinal da nova Fujifilm instax SHARE SP-2