Funda para cámaras compactas que tamén fai de trÃpode
venres, 24 de outubro do 2008
Na tenda británica
Firebox venden unha curiosa funda para cámaras fotográficas dixitais que se
pode converter nun trÃpode de xeito doado, facilitando a toma de instantáneas
en grupo valéndonos do temporizador, e sen ter que facernos cargar cun
mini-trÃpode, que habitualmente ocupa case tanto como as cámaras compactas
actuais.
O Wrap-up
Tripod se vende por 19,95 libras esterlinas
(25,30 euros) e se utiliza enganchando a funda de neopreno á torca inferior da
nosa cámara, de xeito que ao abrir a mesma podemos despregar uns pés de tamaño
reducido que sosteñen a cámara verticalmente. Este orixinal trÃpode é axustable
e permite estabilizar a cámara para disparos programados, e nos aforra cargar
con accesorios adicionais, resultando unha solución cómoda e elegante que serve
para cámaras compactas que no midan máis de 2,5 centÃmetros de ancho. As
dimensións da funda son de 22,6 x 11,9 x 0,3 centÃmetros, mentres que o trÃpode
integrado mide aproximadamente 9 x 1,9 x 0,5 centÃmetros.