Funda para o portátil con aparencia de xornal
luns, 13 de abril do 2009
Unha pequena empresa española chamada
MiteMite sorprende cunha liña de complementos baseados en xornais, coma
unha funda para o portátil
que procura imitar a aparencia dun xornal dobrado, podendo elixirse entre
distintas cabeceiras ficticias
inspiradas en medios reais (Le Pais, La
Vanguarda, La Grettezza dello Sport, Herold Tribune ou Frankfurten Allgemeine) e que poderÃa servir para
disimular que se está a levar un ordenador debaixo do brazo, evitando asÃ
suspicacias por parte dos amantes do
alleo.
A mesma empresa leva o mesmo concepto a un amplo abano de tamaños, de xeito que
carteiras e bolsos coa aparencia dun xornal poderÃan ser unha interesante
medida anti-roubos, sempre que estes
produtos de MiteMite non gocen de moita sona.