GAIN e CLUSAGA abren o prazo para presentar proxectos á aceleradora BFood, sexta edición
martes, 3 de outubro do 2023
A
iniciativa Business Factory Food
(BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia
impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster
Alimentario de Galicia (CLUSAGA), vén de abrir o prazo de
presentación de proxectos para optar a formar parte da súa VI
edición. O proceso de recepción de candidaturas pechará o 15 de
novembro ás 14.00 horas.
Das
propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse ata 16
proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais coma
internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria
galega, boa parte deles tecnolóxicos e disruptivos.
BFFood
ten impulsado, ao longo das súas cinco edicións previas, 61
proxectos das 288 candidaturas recibidas, tanto desde España coma
desde fóra do continente europeo. Nesta nova edición escollerá ata
dez iniciativas para o seu programa de aceleración e ata seis para o
de consolidación.
BFFood
está xestionada por un consorcio liderado por CLUSAGA que, ademais,
conta coa participación das tres universidades galegas, AGACA,
ANFACO CECOPESCA e FEUGA no seu comité técnico. A actividade da
aceleradora de emprendemento, posta en marcha en 2019, permitiu a
creación de 26 novas compañÃas e a xeración de 200 empregos
cualificados.
As
startups, entidades e empresas que teñan unha idea innovadora
poden presentar a súa candidatura a unha das dúas modalidades de
BFFood.
A
modalidade de aceleración, de nove meses de duración, ofrece apoio
integral e especializado no sector alimentario para iniciativas
emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo un
produto ou servizo mÃnimo viable e esbozando un modelo de negocio, e
non teñan máis de cinco anos de antigüidade.
A
modalidade de consolidación, de doce meses de duración, ofrece
apoio integral e especializado no sector alimentario para empresas xa
constituÃdas, cun produto ou servizo definido e aliñado con algún
dos retos do sector, e cuxa antigüidade sexa de máximo sete anos.
Para
ambas modalidades, BFFood ofrece adestramento (coaching),
formación especializada, acceso a infraestruturas
cientÃfico-técnicas e servizos avanzados, mentoring
dos lÃderes do sector, financiamento directo e acceso a
investimento, asà como a unha rede de netoworking no
ecosistema de innovación alimentario.
Retos
propostos
BFFood
busca impulsar e consolidar aqueles proxectos innovadores que dean
resposta aos principais retos propostos polas empresas do sector da
alimentación: dixitalización e automatización; rastrexabilidade
(trazababilidade), calidade e seguridade alimentaria;
loxÃstica; sustentabilidade; desenvolvemento de novos produtos; e
innovación de procesos e comercialización.
Os
proxectos seleccionados na sexta edición de BFFood disporán do
apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, os proxectos do
programa de aceleración poderán acceder a un financiamento de
25.000€ a fondo perdido por parte de GAIN, asà como a un préstamo
participativo de ata un máximo de 50.000€ a través de XesGalicia.
Os proxectos do programa de consolidación poderán acceder a un
préstamo participativo que poderÃa implicar unha opción de
capitalización de ata un máximo de 250.000€ por parte de
XesGalicia.
Cada
proxecto seleccionado contará cun ou máis mentores especÃficos,
pertencentes a unha das empresas tractoras de BFFood. Estas
ocuparanse de conducir a súa evolución e guialos no seu
desenvolvemento, facilitando o aliñamento da proposta de valor coa
resolución do reto.
Nesta
VI edición, as empresas mentoras de BFFood son Bodegas MartÃn
Códax, Cafés Candelas, Calvo, Clavo Food Factory, CEAMSA, CONGALSA,
CLUN, Gadis, Galacteum, Kiwi Atlántico, ALS Laber, DS Smith, Grupo
Lence, Grupo Pereira, Larsa, Nueva Pescanova, Quescrem, Torre de
Núñez, Viña Costeira, Vegalsa, Casa Grande de Xanceda e Hijos de
Rivera.
