GAIN entrega o 24 de xaneiro os seus segundos Premios Galicia de Innovación e Deseño

xoves, 13 de xaneiro do 2022 S. P.

JPEG - 22.9 KB
Patricia Argerey, directora da axencia autonómica GAIN

A Axencia Galega de Innovación vai organizar o vindeiro 24 de xaneiro, en streaming, a cerimonia da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Con estes galardóns, que comezarán a entregarase a partir das 12.30 horas, a axencia que dirixe Patricia Argerey recoñece o labor das persoas e empresas referentes do desenvolvemento económico, tecnolóxico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.
Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado que seleccionou os/as finalistas para as categorías das que consta o certame.
· Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos:
-Ecoplas Barbanza.
-Gairesa.
-GgaChimia.
· Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década:
-CONGALSA.
-Zendal.
· Traxectoria innovadora: empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.
· Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector:
-Costa Comunicación Visual.
-Desescribir.
-FrutoDS.
· Deseñadores/as mozos/as: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos:
-Borja Regueiro.
-Damián Calvo.
-Junior Alén.
· Empresas: empresas consolidadas que incorporaran o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década:
-Grupo Castrosua.
-TMC Cancela.

Criterios e primeira edición do certame

Entre os criterios de avaliación, os xurados das categorías de innovación teñen en conta a traxectoria e actividade innovadora, así como o posicionamento e o impacto da innovación na mellora da capacidade competitiva. Os xurados dos galardóns de deseño valorarán a traxectoria e a contribución realizada, así como o impulso á innovación a través dos proxectos de deseño.
Estes foron os aspectos nos que destacaron os galardoados na primeira edición deste certame. Na sección de innovación os premiados foron Francisco Guitián (traxectoria innovadora), Marine Instruments (pemes) e Cupa Innovación (grandes empresas). Na de deseño, foron recoñecidos Cenlitrosmetrocadrado (profesionais), Eva Yarza (deseñadores/as mozos/as) e Televés (empresas).

PUBLICIDADE