GAME absorbe 4 das tendas galegas da cadea GameStop
xoves, 30 de outubro do 2014
GameStop anuncia que
espera completar o seu peche en España a primeiros do mes que vén, e para mitigar
os problemas que poidan xurdir tras o cesamento de actividade da multinacional
do sector dos videoxogos no noso territorio, detallan as consecuencias desta
actuación, dando a coñecer tamén os
establecementos actuais que pasarán a operar baixo a marca GAME, que no caso
galego limitarase só a catro, situados en Lugo, Ourense, Santiago de Compostela
e VilagarcÃa de Arousa, de xeito que A Coruña e Vigo verÃan como as tendas de
GameStop actuais pecharÃan as súas portas definitivamente nos vindeiros dÃas.
Os clientes que tiveran algún xogo reservado nun establecemento da cadea
GameStop poderá recollelo na tenda GAME que prefira (ou cancelar a reserva), as
tendas GAME tamén canxearán a partires do 1 de novembro os cheques de fidelización
e as tarxetas de agasallo de GameStop, e da garantÃa dos produtos mercados en
GameStop lembran que os fabricantes continúan a responsabilizarse dos problemas
tras o peche da cadea de tendas, mentres que os seguros contratados en GameStop
continuarán podéndose a tramitar a través de GAME (pois pertencen a unha
empresa externa chamada SPB, e que continuará a operar con normalidade). O
soporte para produtos seminovos mercados en GameStop tamén pasará a ser
responsabilidade de GAME.
Para facer máis doada a transición para os usuarios de GameStop, os que tivesen
unha tarxeta PowerCard poderán darse de alta como socios de GAME totalmente de
balde (cando este trámite habitualmente ten un custo de 3 euros).