GAME prepara despedimentos masivos en Reino Unido
martes, 9 de abril do 2024
Do mesmo xeito que a cadea de tenda GameStop está a reducir considerablemente o seu cadro de persoal nos EE.UU., a británica GAME está a facer o mesmo no seu paÃs de orixe, adiantando o medio Eurogamer que boa parte dos traballadores da compañÃa están a someterse a contratos de cero horas (modalidade laboral máis propia de franquÃas de comida rápida).
Aseguran que a meirande parte dos postos sen responsabilidades de dirección pasarÃan a contratacións sen mÃnimo de horas, o que supón unha grande precariedade para os traballadores, e reflicte a desconfianza da compañÃa a manter o seu volume de actividade.
Estas medidas irÃan acompañadas tamén por despedimentos, descoñecéndose polo momento cantos traballadores perderán o seu emprego en GAME nunha reestruturación do negocio que confirma o avance cara á total dixitalización do sector.
No Reino Unido GAME xa abandonou o negocio dos xogos usados, que é un dos poucos incentivos para acudir a tendas fÃsicas, pois no territorio británico xa é máis habitual a compra de videoxogos en formato dixital, asà como tamén é habitual a compra-venda de xogos usados a través de plataformas en liña.
No caso de España a situación é moi diferente, e o negocio dos xogos usados aÃnda ten moita forza, polo que a cadea de tendas GAME poderÃa ter unha maior resistencia no tempo, aÃnda que pareza inevitable a decadencia das tendas fÃsicas de videoxogos, que poderÃan converterse nunha rareza semellante ao que actualmente son, por exemplo, as tendas de discos.