GTA IV é o Xogo do Ano segundo Spike TV

luns, 15 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Jack Black presentou a gala de entrega dos PremiosA pasada fin de semana tivo lugar a entrega dos SPIKE 2008 Video Game Awards, nunha cerimonia conducida polo actor Jack Black, na que aparte de darse a coñecer os gañadores destes galardóns, tamén se aproveitou a ocasión para presentar información sobre futuros xogos, coma God of War III, Fight night Round 4, Uncharted 2, Gears of War 2, Mafia II, Watchment: The End is Nigh ou o xogo inspirado na película Terminator Salvation.
O xogo do ano non foi outro que Grand Theft Auto IV, que arrasou en vendas para PS3 e Xbox 360, e vén de saír na súa versión para PC, pero que curiosamente non conseguiu gañar coma mellor xogo en ningunha plataforma, de xeito que cada consola tivo o seu propio gañador: Gears of War 2 (Xbox 360), LittleBigPlanet (PS3), Left 4 Dead (PC), Boom Blox (Wii) e Professor Layton and the Curious Village (portátil, en concreto, Nintendo DS).
Por xéneros os galardoados tamén foron moi variados: Shaun White Snowboarding (xogo deportivo individual), NHL 09 (xogo deportivo de equipo), Soul Calibur IV (loita), Fallout 3 (RPG), Gears of War 2 (shooter), GTA IV(aventura de acción), Burnout Paradise (conducción), Rock Band 2 (musical) e LEGO Indiana Jones (baseado nunha serie de televisión ou película).
Tamén se deron outros premios de distinta consideración, dos que podemos destacar a Media Molecule, responsables de LittleBigPlanet, coma o Estudo do Ano ou a Left 4 Dead coma o Mellor Título Multixogador.
Pese a todo, para boa parte da audiencia o máis importante do evento foi a presentación de trailers de distintos xogos entre os que destacamos a God of War 3:


Dende Sony agardan que esta nova entrega protagonizada por Kratos repita os éxitos anteriores, mellorando graficamente de xeito notable, chegando a un realismo brutal (cuadriplicando a resolución das texturas de God of War 2) e unhas batallas nas que aparecen moitos máis inimigos simultáneos. En definitiva, unha nova entrega das aventuras da Pantasma de Esparta, que continuará impactando visualmente e emocionando aos seus fieis seguidores, aínda que este novo trailer decepcionase a boa parte da crítica.

PUBLICIDADE