GTA V confirma a súa chegada a consolas de nova xeración en novembro

mércores, 19 de maio do 2021 Marcus Fernández

O xogo Grand Theft Auto V vai camiño de cumprir os 8 anos, o que non lle impide manterse nas listaxes de vendas e incluso anunciar a súa chegada a novas plataformas, de xeito que este título que naceu en PS3 e Xbox 360 chegará a PlayStation 5 e Xbox Series X|S o vindeiro 11 de novembro en versións ampliadas e melloradas para aproveitar as posibilidades das novas consolas.
Dende Rockstar tamén salientan que GTA Online poderase adquirir como xogo independente, que durante os 3 primeiros meses poderase conseguir de balde por usuarios de PlayStation 5. Amais, lembran que os subscritores de PlayStation Plus en PS4 poden visitar a PlayStation Store a primeiros de cada mes para obter un millón de dólares do xogo até que se publique GTA Online para PS5.

PUBLICIDADE