GTA V corrixe numerosos erros, pero experimenta problemas co seu modo de xogo en liña
mércores, 2 de outubro do 2013
Para poder estrear a funcionalidade de xogo en liña en Grand Theft Auto V o xogo de Rockstar
Games recibiu unha actualización automática para Xbox 360 e PlayStation 3 que arranxou
numerosos fallos detectados no xogo no seu modo historia, de xeito que
elimina problemas da interface ao empregar Internet no móbil tras completar o
xogo ou repetir unha misión, cando se bloquea ocasionalmente Vanilla Unicorn,
cando os cartos do personaxe podÃa caer por debaixo de 0 e quedar atascado aÃ,
cando os vehÃculos gardados desaparecen e incluso corrÃxense problemas de
colisión e saÃda do mapa.
Pero a meirande parte dos usuarios non están especialmente preocupados por
estes detalles, senón que están a queixarse de que o novo GTA Online
está a presentar numerosos problemas, que van dende problemas de conexión cos
servidores do xogo (especialmente na versión para PS3) ata bloqueos do mesmo.
Dende Rockstar xa están
a dar conta dos fallos atopados, e instan aos usuarios a alertar dos mesmos
para que poidan corrixilos, para o que remiten aos foros de servizo
técnico e incluso á súa conta
de Twitter.
Cómpre lembrar que a compañÃa xa advertiu que as dúas primeiras semanas de
funcionamento de GTA Online serán
unha fase de proba na que axustarán os servidores e equilibrarán o xogo para
poder sentar as bases para unha experiencia en liña que poidan ampliarse
durante moitos meses coa incorporación constante de contidos adicionais.