GTA V é o xogo máis caro da historia
luns, 9 de setembro do 2013
A semana que vén chegará ás tendas o agardado xogo Grand Theft Auto V, que pode
considerarse como un dos proxectos máis ambiciosos da historia do sector dos
videoxogos se atendemos aos datos que difunde The Scotsman, publicación que
concreta que o xogo leva desenvolvéndose durante 5 anos e fixa
o seu orzamento en desenvolvemento e comercialización en 170 millóns de libras
esterlinas (201 millóns de euros) polo que serÃa o equivalente a unha
superprodución cinematográfica, converténdose no xogo máis caro da historia.
Pero GTA V non só espera rachar
marcas no seu custo, senón tamén nos seus ingresos, agardándose que consiga
facturar máis de 1.000 millóns de libras esterlinas (1.184 millóns de euros)
para o que deberÃan superar os 25 millóns de copias vendidas no seu primeiro
ano, algo que parece bastante factible se temos en conta a expectación que está
a crear esta entrega e o feito de que a franquÃa en xeral xa vendese uns 135
millóns de unidades.
GTA IV xa fora o xogo máis caro da
historia no seu dÃa, e a nova entrega continúa a avanzar na mesma dirección,
coa vantaxe de que agora chega cunha xeración de consolas moi madura, cun
parque de consolas Xbox 360 e PlayStation 3 moito máis grande e sen medo a que
a chegada dunha nova xeración de consolas vaia supor un prexuÃzo (a actual
xeración aÃnda vai manterse moi activa durante bastantes meses).