GTA VI poderá reservarse a partir do vindeiro xoves

xoves, 18 de xuño do 2026 Marcus Fernández

Aínda que Grand Theft Auto VI non chegará a PlayStation 5 e Xbox Series X|S ata o 19 de novembro, quedan grandes incógnitas sobre o que promete ser o xogo máis importante do ano, sendo unha delas as edicións e os prezos que terán, xa que hai rumores sobre a posibilidade de que este título sexa o que marque unha nova etapa no sector, elevando o prezo de referencia dos títulos AAA.
Pero esta dúbida vai resolverse pronto, xa que hoxe Rockstar Games desvelou o que será o deseño de portada do xogo, así como tamén anunciou que as reservas de GTA VI comezará o vindeiro 25 de xuño, estando xa dispoñible o xogo nas tendas dixitais de PlayStation e Xbox para que os incondicionais da saga poidan introducir o título na súa listaxe de desexos.
Rockstar tamén convida aos seareiros a descargar a ilustración de portada adaptada a tamaños de fondo de pantalla en distintas orientacións.

Vídeo no que desvelan a portada de Grand Theft Auto VI