GTA: Vice City estréase na App Store
venres, 7 de decembro do 2012
Dende onte xa
está dispoñible como aplicación universal para iPhone e iPad o xogo Grand Theft Auto: Vice City, que
celebra o seu 10º aniversario co seu salto a dispositivos móbiles, mellorando
tamén os seus gráficos para adaptarse ás posibilidades dos nosos trebellos,
como tamén fai co seu sistema de control. O xogo está á venda por 4,49 euros e ofrece
as mesmas posibilidades que a súa versión orixinal para PC, de xeito que garante
moitas horas de xogo, á vez que tamén permite adaptar o control aos gustos do
usuario, gardar partidas en iCloud e xogarse coa nosa música favorita de fondo
(para o que temos que crear unha listaxe de reprodución titulada VICECITY e seleccionando no xogo a
emisora de radio Pletina).
O
lanzamento deste xogo tamén inclúe a un número limitado de dispositivos con
Android, aínda que no momento de escribir estas liñas o
xogo desaparecera de Google Play, onde estivo presente durante uns
momentos, pero eliminouse da tenda de aplicacións ao detectarse fallos que
tardarán uns días en corrixirse.
- O xogo para iOS presenta gráficos mellorados para tirar proveito das pantallas Retina
Trailer do xogo co tema Self Control de Laura Branigan como ambientación musical