Artigos desta sección
Tocadiscos que converte as cancións a MP3 automaticamente
Denon pon á venda estes días un prato para discos de vinilo, modelo DP-200USB, que permite converter as vellas coleccións musicais a MP3, podendo mesmo almacenar as cancións en memorias USB sen uso dun ordenador coma intermediario na operación, aínda que ao utilizalo en combinación cun PC podemos aínda tirar mellor proveito do trebello, pois inclúe unha (...)
Ler máisOs novos marcos dixitais de Samsung poden operar coma monitores secundarios
A pouco tempo da súa presentación en Corea, Samsung xa trae os seus novos marcos dixitais a España dentro da serie Ipanema, cos modelos SPF-107H (de 10 polgadas cunha resolución de 1024 x 600 píxeles) e SPF87H (de 8 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles), que contan cun deseño bastante elegante, un grosor de só 23 milímetros e un baixo consumo, sendo (...)
Ler máisJawbone Prime, un mans libres de calidade e elegante deseño
Moitos usuarios elixen o seu teléfono móbil case exclusivamente polo seu deseño, xa que utilizan o dispositivo coma un elemento máis da súa imaxe, e esta práctica pode levarse tamén aos mans libres de orella, e non por iso sacrificar prestacións, coma demostra o novo Jawbone Prime, que funciona con tecnoloxía Bluetooth 2.1 + EDR (compatible con versións (...)
Ler máisMemoria USB de tamaño realmente reducido
As memorias USB teñen cada vez máis capacidade, e esta maior integración tamén permite reducir o seu tamaño á mínima expresión, e coma exemplo disto temos na tenda de Brando o EagleTec USB Nano Flash Drive, unidade que só mide 19 x 15 x 6 milímetros e pesa 3 gramos, de xeito que ocupa só un pouco máis que o propio conector USB, de xeito que apenas sobresairía ao (...)
Ler máisChega ao Xapón un touchpad multitácil USB
Os portátiles de Apple nas súas últimas versións permiten utilizar o seu touchpad dun xeito semellante a como se fai coa pantalla do iPhone, pois reacciona de xeito multitáctil o que permite abrandar e reducir imaxes, desprazarse por páxinas web, ir á páxina anterior ou seguinte e mesmo xirar fotografías mediante xestos realizados cos dedos, reducindo o uso do (...)
Ler máisOs adaptadores D-Link DXN-221 permiten comunicacións de datos nos cables de antena
Os usuarios de R están afeitos a ver coma nos seus domicilios a conexión á rede chega por un cable coaxial polo que tamén reciben o servizo de televisión, e seguindo esa mesma filosofía D-Link vende unha solución consistente en dous adaptadores HD MediaBridge modelo DXN-220 que permiten aproveitar as instalacións domésticas de cable coaxial (por exemplo, as que (...)
Ler máisO Netgear EVA9150 reproduce practicamente calquera vídeo en alta definición
Coa entrada dos televisores de alta definición nos salóns domésticos e ante a pouca penetración do Blu-ray e a televisión en alta definición (ausente nas emisións terrestres, e só anecdótica nas de satélite) moitos consumidores buscan tirar proveito das súas pantallas mediante reprodutores multimedia coma o Netgear EVA9150, que inicialmente véndese cun disco duro (...)
Ler máisCargador USB para o acendedor do coche
Para tirar proveito do acendedor do coche, Belkin conta no seu catálogo cun cargador dual que permite alimentar dous portos USB dende tal toma, o que permite cargar moitos trebellos electrónicos incluíndo o iPhone (incompatible con moitos cargadores USB universais). Este cargador USB permite a conexión de dous dispositivos á vez e o seu prezo de venda é de (...)
Ler máisPresentan a xeración 1.5 do OLPC XO-1
O proxecto OLPC estreouse co seu equipo XO-1, que funcionaba cun procesador AMD Geode, pero este equipo non vai permanecer estático no tempo, de xeito que veñen de anunciar unha actualización que dan en chamar como xeración 1.5 e que incorpora un procesador VIA C7-M que pode funcionar ata a 1 GHz, con 1 Gb de DDR2 SDRAM e unha unidade de almacenamento Flash (...)
Ler máisO modelo 5630 XpressMusic de Nokia porase á venda o vindeiro luns
O Nokia 5630 XpressMusic, do que falamos recentemente na nosa web con motivo da súa presentación (non oficial), xa se poderá reservar a partir do vindeiro luns 20 de abril na tenda en liña de Nokia, por un prezo que ronda os 229€. Este terminal, que os seus fabricantes definen como “un dos máis agardados do mercado”, pertence á gama baixa/media da nova liña (...)
Ler máis0 | ... | 5360 | 5370 | 5380 | 5390 | 5400 | 5410 | 5420 | 5430 | 5440 | ... | 6400