Artigos desta sección
Dell comeza a comercializar portátiles robustos
Dell anunciou o lanzamento do seu primeiro portátil totalmente reforzado, o LatitudeTM XFR D630, que combina potencia cunha grande resistencia, que se venderá por prezos a partir dos 3.899 dólares. O novo equipo cumple cos estándares MIL-STD 810F, o que garante o seu bo funcionamento en condicións extremas. Pero fronte a outros equipos semellantes, Dell (...)
Ler máisPresentan o Asus Eee PC 900 durante o CeBIT
Co gallo do CeBIT, Asustek presentou un agardado novo modelos do seu popular Asus Eee PC, que destaca por incrementar o tamaño da súa pantalla de 7 polgadas a 8,9, o que tamén permite incrementar a súa resolución ata 1.024 x 600 píxeles, o que mellora especialmente a navegación a través da Internet (onde a resolución de 800 x 480 quedaba curta en moitos casos). (...)
Ler máisLite-On comercializará unha lectora externa de Blu-ray
Agora que Toshiba retirou o HD DVD da guerra de formatos de alta definición, os fabricantes de informática comezan a mirar ó Blu-ray, e Philips e Lite-On anuncian que durante o segundo trimestre do ano lanzarán unha unidades de Blu-ray USB externa. A Lite-On DX-4O1S poderá ler discos Blu-ray a 4x, DVD a 12x e CD a 32x e tamén contará cunha versión interna (...)
Ler máisO Asus Eee PC contará con novos accesorios
Esta semana previsiblemente se presentará no CeBIT a versión do Eee PC de Asus con pantalla de 8,9 polgadas con Windows XP preinstalado, pero os que xa se coñecen son os accesorios cos que contará o ordenador ultraportátil de baixo custo que pretende ser a revolución de 2008. Temos xa imaxes nas que se pode ver unha gravador de DVD externa, un punto de (...)
Ler máisAntena USB para triplicar a cobertura Wi-Fi
Para evitar os problemas de recepción de conexións Wi-Fi temos agora o Hawking HWU8DD, unha especie de antena Wi-Fi que se conecta a un porto USB do noso ordenador e que promete ampliar a nosa cobertura ata un 300%, o que tamén permitirá unhas transferencias máis rápidas. Esta antena direccional de 8dBi inclúe un indicador por LED da calidade de recepción do (...)
Ler máisSamsung presenta novos televisores de plasma con modo 3D
Samsung presentou en Corea do Sur os seus novos televisores de plasma de 42 e 50 polgadas que inclúen a tecnoloxía 3D Ready, o que permite utilizar un modo tridimensional nalgúns videoxogos e películas, aínda que necesitarán dunhas gafas especiais para aprezar tal efecto. Esta orixinal tecnoloxía se desenvolveu en colaboración con Electronic Arts, para (...)
Ler máisUn lector de tarxetas SIM permite recuperar mensaxes SMS borradas
Os expertos en seguridade informática advirten que cando borramos un ficheiro do noso ordenador normalmente queda un rastro de xeito que se podería recuperar (por motivos de espionaxe) pero agora nos advirten de que algo semellante acontece coas mensaxes SMS que escribimos e recibimos no móbil grazas a un lector de tarxetas SIM que se vende na Internet a (...)
Ler máisAiris presenta a pantalla MW145 que incorpora TDT de serie
A firma de informática e electrónica de consumo, Airis, vén de presentar a televisión panorámica LCD MW145 que inclúe TDT e que pode ser empregada como televisión ou como monitor de ordenador mediante o que a empresa cualifica de “cómodo manexo”. A pantalla, que conta cunha alta resolución de 1280 x 800 píxeles, está orientada a un uso tanto particular como (...)
Ler máisO pequeno ordenador Linutop 2 comeza a venderse hoxe a 280 euros
Linutop, o pequeno ordenador baseado en Linux, renóvase e lanza unha segunda versión que inclúe un procesador AMD Geode LX800 a 500 Mhz, 512 Mbytes de memoria RAM (ampliable a 1 Gb), 1 Gb de memoria Flash, 4 portos USB, Wi-Fi, Fast Ethernet, saída de auroculares e entrada de micrófono. O Linutop 2 mide 14 x 3,5 x 14 centímetros, pesa 580 gramos, consume só 8 (...)
Ler máisO Popcorn Hour A-100 facilita a visualización de contidos en alta definición
O Popcorn Hour Networked Media Tank A-100 é un dispositivo todo en un que permite servir coma reprodutor multimedia, almacenamento en rede, servidor de ficheiros multimedia e cliente da rede BitTorrent. O impresionante trebello decodifica vídeo grazas a un procesador Sigma SMP8635, permite agregar automaticamente os contidos multimedia dispoñibles en (...)
Ler máis0 | ... | 5950 | 5960 | 5970 | 5980 | 5990 | 6000 | 6010 | 6020 | 6030 | ... | 6380