Artigos desta sección
Marco dixital Wi-Fi
Os marcos dixitais estanse a converter nun dos agasallos tecnolóxicos máis populares durante este Nadal, e un que destacan especialmente é o Wireless PIXXA de Ality, que conta cunha pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 800 x 600 píxeles e que destaca por conectarse á Rede mediante Wi-Fi para cargar imaxes dos nosos álbums en liña. Amais, o marco sen (...)
Ler máisUn chaveiro con GPS permite xeolocalizar as nosas fotografías
O Sony GPSCS1KA é un localizador GPS con forma de chaveiro que resultará especialmente atractivo para os amantes á fotografía dixital, xa que permite memorizar as datas e posicións nas que nos atopamos para despois sincronizar tal información coas fotografías que tiremos, para poder así xeolocalizalas en servizos coma Google Maps. O curioso dispositivo (...)
Ler máisCargador externo para iPod e iPhone
Os usuarios de reprodutores iPod (ou mesmo dun móbil iPhone) poden incrementar a autonomía dos seus dispositivos grazas ó iPower Rush, que é un cargador especial para os reprodutores de Apple que amplía o seu tempo de uso entre 10 e 15 horas. O iPower Rush aliméntase de 6 pilas AAA (alcalinas ou recargables), conta cun indicador de carga e ten un tamaño (...)
Ler máisDisco duro externo de memoria de estado sólido de 100 Gb
Os discos duros externos comezan a ter un novo integrante na súa familia, pois aparte das memorias USB e dos discos duros de 3,5 e 2,5 polgadas agora tamén compiten cos discos de estado sólido. Esta tecnoloxía empeza a acadar tamaños importantes, e Buffalo anuncia o lanzamento da súa liña de discos SHD-UHRS que se comercializan en capacidades de 32, 64 e 100 (...)
Ler máisDisco duro en rede de LaCie
Os discos duros en rede comezan a ser unha opción cada vez máis interesante para fogares e empresas, e LaCie aproveita o pulo para presentar en España o seu disco duro LaCie Ethernet Disk mini Home Edition, que se conecta directamente a un porto Ethernet de ata 1 Gbps (ou sexa, ó router doméstico, preferiblemente con soporte de Universal Plug and Play) para (...)
Ler máisNovo trackball de Genius pensado para portátiles
Os usuarios de portátiles que non se afagan ós touchpads, e que o rato non sexa axeitado para eles, pode recuperar a solución tecnolóxica que era máis popular hai anos, pois Genius estreou o mini trackball Traveler 350, que se conecta por USB o equipo e inclúe dúas teclas de atallo (programables) pensadas para utilizar o Flip 3D de Windows Vista así como o (...)
Ler máisNovo UMPC de Amtek
Pese a que os ordenadores ultraportátiles non conseguiron introducirse con forza no mercado en 2007 iso non evita que os fabricantes preparen novos modelos coma o iTablet T221 de Amtek, que inclúe unha pantalla táctil de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, un procesador Intel Core Duo a 1,2 GHz, ata 2 memorias DDR de 1 Gb, disco duro SATA (...)
Ler máisLámpada-cogomelo inspirada en Super Mario Bros
Os afeccionados ós xogos de Super Mario Bros teñen presente na súa mente iconas relativas ó seu heroico fontaneiro como as tartarugas (que había que esquivar no xogo) ou os cogomelos (que dotaban a Mario de poderes especiais ou vidas adicionais), polo que poderán acoller de bo grado as novas lámpadas que venden dende a hongkonesa tenda Brando. A USB Mushroom (...)
Ler máisUn accesorio achegará o GPS ó iPhone
Aínda que non é a aplicación máis demandada, ó comparar o iPhone con outros terminais de alta gama destácase a carencia de GPS, polo que PartFoundry xa ten un prototipo de módulo GPS que se poden conectar ó móbil de Apple e que se venderá a 89 dólares (uns 61,84 euros) no mes de febreiro. O curioso accesorio incorpora un chip SiRF Star III que é capaz de (...)
Ler máisVideocámara Airis para gravar 30 imaxes por segundo en alta definición
A empresa de informática e electrónica de consumo, Airis, vén de lanzar ó mercado a videocámara VC05HD, con capacidade para gravar, de xeito doado, até 30 imaxes por segundo en alta definición. Este dispositivo conta cunha pantalla xiratoria de 270 graos TFT LCD 3” que permite ver o que se está a gravar dende calquera ángulo así como cun sensor de imaxes de (...)
Ler máis0 | ... | 6020 | 6030 | 6040 | 6050 | 6060 | 6070 | 6080 | 6090 | 6100 | ... | 6380