Artigos desta sección
Airis lanza unha videocámara que rexistra en formato MPEG4
Nestes tempos en que devecemos por rexistrar todo o rexistrado e contamos os minutos até cae nas nosas mans algunha víctima á que amosarlle a nosa colección de fotografías e vídeos dixitais da viaxe de vodas a Punta Cana, a industria fai todo o posible por facilitar o camiño. Por unha banda permítenos rexistralo todo máis e mellor e, pola outra, incrementa a (...)
Ler máisCoñécense máis detalles dos GPS de Blusens
Nos últimos días o anuncio de Blusens de incorporar ó seu catálogo un dispositivo que combinaba a reprodución multimedia coa localización GPS con imaxe real resultou moi rechamante, e finalmente puidemos coñecer a súa aparencia externa e as súas característica detalladas. Coñecemos así que o Blusens G.01 conta cunha pantalla táctil de 4,3 polgadas, un disco (...)
Ler máisO Samsung 245T permite repartir a pantalla entre dúas fontes de vídeo
A incorporación de imaxes de varias fontes de vídeo (Picture-in-Picture) é unha característica habitual en moitos televisores de alta gama, pero Samsung pensou en incorporala ó seu monitor 245T, de xeito que permite empregar unha composición en pantalla partida (split-screen) valéndose da súa alta definición. Así, é posible dividir a imaxe en dúas, amosando por (...)
Ler máisUn novo rato USB integra un localizador GPS
A converxencia de dispositivos electrónicos non se limita ós móbiles (que están achegando dende cámaras dixitais ata PDA) senón que se pode aplicar a case calquera trebello, coma demostra o Deluo MouseGPS, que integra un receptor GPS nun rato de ordenador por USB, o que permite levar ó novo ordenador portátil a localización xeográfica por satélite. Este (...)
Ler máisi-Buddy leva o Messenger ó novo escritorio dun xeito orixinal e animado
Os usuarios do Messenger de Microsoft poderán darlle unha maior integración nos seus escritorios grazas ó novo i-Buddy, que é un dispositivo USB que se conecta ó ordenador e que nos permite coñecer o estado dun dos novoss contactos do programa de mensaxería instantánea, e mesmo detecta as emoticonas enviadas durante as conversas reaccionando movendo as súas (...)
Ler máisO Samsung Serenata destaca polo seu orixinal deseño
Samsung está a desenvolver con Bang & Olufsen unha versión renovada do seu móbil Serene, para ter un terminal atractivo que competir cos novos móbiles que destacan polas súas revolucionarias estéticas. Este novo teléfono móbil responderá ó nome de Serenata que tamén funcionará como reprodutor multimedia cunha capacidade de almacenamento de 4 Gb (o que (...)
Ler máisMicrosoft lanzará novos reprodutores Zune
Despois de meses de rumores se confirma o lanzamento de novos reprodutores multimedia de Microsoft, de xeito que medra a familia do Zune, que ten agora versións tanto con disco duro coma con memoria Flash. Os novos Zune sairán nos EE.UU. no mes de novembro, renovan a súa interface de uso, incluirán soporte de codecs de vídeo H.264 e MPEG-4 (o que evitará a (...)
Ler máisCámara de 8 Mpíxeles con menos de 2 cm. de grosor
Onte presentouse a nova cámara dixital Pentax Optio V10, que destaca por ter unhas altas prestacións pese a ter un grosor de só 19 mm. A nova cámara ten unha resolución de 8 Mpíxeles, zoom óptico de 3x, unha grande pantalla TFT de 3 polgadas con tecnoloxía IPS (que mellora o seu contraste e ángulo de visión), tecnoloxía de foto automático e de detección de (...)
Ler máisUMPC Asus R2E con conectividade HSDPA
O vindeiro mes de outubro Asus comezará a comercializar en Europa o seu novo ordenador ultra-portátil R2E, que incorporará un procesador Celeron a 900 MHz, 1 Gb de memoria DDR2-400, 80 Gb de disco duro, GPS, cámara web de 1,3 Mpíxeles, unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, Bluetooth e Wi-Fi, destacando especialmente por contar (...)
Ler máisAltofalantes Inspire T10 para tirar partido da música dixital
Os Inspire T10, nun principio, semella que non teñen nada que os distinga dos restantes aparellos de semellante pau que hai hoxe en día no mercado. Ademais, a etiqueta que o fabricante (Creative) lle pon, a de “altavoces 2.0” tampouco quere dicir gran cousa: en liñas xerais, que están encamiñados a tirar partido da música dixital (o de chamarlle “2.0” hoxe en (...)
Ler máis0 | ... | 6100 | 6110 | 6120 | 6130 | 6140 | 6150 | 6160 | 6170 | 6180 | ... | 6390