Artigos desta sección
HTC estreará novos terminais
Un dos principais fabricantes mundiais de teléfonos intelixentes, HTC, anunciou que o vindeiro 5 de xuño presentará os seus novos terminais, entre os que estará o HTC Advantage X7500, que destaca por ter forma de UMPC sen deixar de ser un teléfono intelixente. O X7500 ten unha pantalla táctil de 5 polgadas, un disco duro de 8 Gb, lector de tarxetas miniSD, (...)
Ler máisUn reloxo de pulso para falar por teléfono
Falar a distancia mediante un reloxo de pulso xa non é exclusividade de Michael Knight (o protagonista da serie de televisión El Coche Fantástico) senón que agora os propietarios dun terminal SMS Technology M500 poderán vestir un móbil con forma de reloxo sen perder funcionalidades. O curioso terminal é cuatribanda, ten 128 Mb de memoria interna, reproduce (...)
Ler máisAOpen anuncia un miniPC con tecnoloxía Santa Rosa
Se ben Apple non renovou os seus equipos de tamaño reducido cos novos procesadores de Intel, AOpen xa ten o seu miniPC Duo MP965-VDR con tecnoloxía Santa Rosa, pensada para ordenadores portátiles pero moi axeitada tamén para mini-barebones, polo que son compatibles cos procesadores Core 2 Duo. Así, pódese contar con conectividade sen fíos 802.11n, aínda que o (...)
Ler máisUn sistema 5.1 con altofalantes do tamaño de pelotas de golf
O vindeiro mes de xullo Sony porá á venda por 800 euros un sistema de con e cine en casa que presume de tamaño reducido, xa que o Sony DAV-IS10 é un sistema 5.1 que conta cun grande subwoofer que destaca por ir acompañado por altofalantes satélite do tamaño dunha pelota de golf. O equipo frontal reparte así 450 W de potencia e 2x100 W do subwoofer e 50 W en (...)
Ler máisNovo reprodutor de MP3 resistente á auga
TwinBird conta no seu catálogo un reprodutor de MP3 resistente á auga, de xeito que se pode empregar na ducha, en cociñas ou noutros lugares húmidos sen correr o risco de que a auga o avaríe. O SD Zabady inclúe 128 Mb de memoria interna, que se pode incrementar mediante tarxetas de memoria SD de ata 2 Gb, pesa 240 gramos, reproduce ficheiros MP3 e WMA e (...)
Ler máisUns auriculares permiten usar o iPod shuffle sen cables
O iPod shuffle é un dos reprodutores multimedia máis vendidos do mercado grazas ó atractivo do seu reducido tamaño e ó seu formato de pinza, que permite levar o dispositivo comodamente prendéndoo a case calquera elemento da roupa do usuario, pero a empresa Monster Cable quixo tirar proveito do éxito de Apple lanzando uns auriculares deseñados para albergar un (...)
Ler máisRimax estrea gafas multimedia
A vindeira semana poranse á venda en España as gafas multimedia Rimax Ivision 5.0, que permiten simular a sensación de ver unha pantalla de 48 polgadas a 2 metros de distancia para o que emprega unha mini-pantalla cunha resolución de 640 x 480 píxeles que se complementa cuns auriculares stereo. Só pesan 84 gramos e teñen unha autonomía de 2 horas e media. As (...)
Ler máisA galega Blusens presenta o seu novo reprodutor portátil: o P41
A empresa galega Blusens vén de presentar en Madrid o seu novo reprodutor portátil multimedia: o P41. Este aparello, entre outras moitas características inclúe pantalla TFT de 2,4 polgadas e resolución QVGA (320 x 240 e máis de 260.000 cores) e é compatible cos formatos de vídeo e audio máis espallados. Asemade, integra unha pantalla de 1,3 megapixeles de (...)
Ler máisMvix MX-760HD: disco duro multimedia de alta definición
Mvix engade ó seu catálogo un novo disco duro multimedia que pode achegar vídeos a case calquera televisor, pero que destaca por dar imaxes de alta definición e poder conectarse tanto por rede Ethernet coma por Wi-Fi. O Mvix MX-760HD ten saídas DVI, por compoñentes, por vídeo composto e por RCA, podendo achegar os contidos a través dos seus conectores USB (...)
Ler máisDiscos duros móbiles de 2,5 polgadas e 250 Xb
Western Digital segue á procura da capacidade ilimitada nos seus discos duros. Polo de agora, os esforzos serviron para conseguir aparellos con 250 XB, o que non está nada mal. Trátase da serie WD Scorpio ATA (SATA) de 2,5 polgadas, que inclúen unha tecnoloxía demoninada “PMR” (Perpendicular Magnetic Recorder) que serve, coloquialmente falando, para facer (...)
Ler máis0 | ... | 6190 | 6200 | 6210 | 6220 | 6230 | 6240 | 6250 | 6260 | 6270 | ... | 6360