Gadis reivindica os produtos locais con novos vídeos da campaña Moito que contar
xoves, 24 de abril do 2025
A cadea galega Supermercados Gadis lanzou unha segunda edición da campaña de apoio aos produtores locais Moito que contar co obxectivo de “poñer en valor e mostrar o importante labor que desenvolven á hora de abastecer os lineais dos seus establecementos de produtos frescos, saudábeis e sostíbeis”.
A iniciativa Moito que contar tamén pon o foco en “destacar os múltiples beneficios de consumir produto local, tanto para o consumidor, como para a contorna, valores que comparte a empresa 100 % galega desde a súa fundación”.
Ademais, nesta segunda edición acúñase o termo de A Antemesa, un momento previo á comida, onde o protagonismo tómano os produtos e a súa historia.
A campaña está formada por oito pezas de vídeo que mostran de primeira man as historias que hai detrás de diferentes produtores de Galicia e Castela e León. A peculiaridade da mesma atópase en que a voz que narra cada unha das pezas correspóndese ao propio produto que chega ao lineal de Supermercados Gadis: unha leituga, un grelo, unha pescada…
Cun ton próximo, os diferentes produtos contan como é a súa vida e o seu día a día desde que nacen, ata que chegan ás mesas de cada cliente de Supermercados Gadis. “Isto permite ao público ser consciente de todo o esforzo, agarimo e tradición que fai do produto local algo único, engadindo un valor engadido ao seu consumo”, sinalan dende o grupo galego, engadindo que as distintas pezas que conforman a campaña pódense ver na súa páxina web /a>, onde tamén se atopa información complementaria.
Vídeos da nova campaña