Galaxia habilita unha Aula Virtual para complementar o ensino da lingua e literatura galegas
mércores, 30 de maio do 2012
A Editorial Galaxia segue a estudar novos
vieiros de comunicación e colaboración cos lectores/usuarios/estudantes da nosa
terra e alén dela. Se hai unhas semanas falabamos nesta web da súa
intención de crear un selo en liña, dada a coñecer en Arxentina polo seu
director VÃctor Freixanes, agora é a quenda da Aula Virtual de Galaxia,
un servizo que se acaba de pór en marcha para
facilitar a docencia e complementar o que se conta e se amosa nos libros de
texto.
Dirixida a profesores e alumnos, esta
ferramenta vai facer posÃbel que a comunidade educativa traballe con novas
tecnoloxÃas ao tempo que estuda lingua e literatura galegas, enriquecéndose
estas con aquelas (e viceversa).
A Aula Virtual de Galaxia vai achegar, entre
outras cousas, versións en PDF dos libros de texto, material educativo dixital
e propostas de actividades docentes interactivas. A maiores, hai xa un servizo
especÃfico para docentes que dará acubillo a arquivos sonoros en libre descarga
(calcúlase que máis de 300) ou a unha completa listaxe de accións de tipo didáctico
para cada nivel, entre outras cousas.