Galaxia permite acceder de balde aos 156 primeiros números da revista Grial
venres, 15 de xaneiro do 2021
A Editorial Galaxia, coincidindo co 70 aniversario da súa
fundación, decidiu publicar en
aberto na web e en formato PDF os 156 primeiros números da revista Grial,
correspondendo os 100 primeiros á etapa na que a dirixiron Ramón Piñeiro e
Francisco Fernández del Riego (1963-1988) e os 56 restantes á etapa dirixida
por Carlos Casares (1989-2002). Nos vindeiros meses pretenden achegar as
publicacións realizadas até 2019 con VÃctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo
na dirección da histórica publicación.
Dende Galaxia lembran que nos primeiros anos da editorial estaba prohibida a publicación
de novas revistas, o que supliron con cadernos monográficos trimestrais da
Colección Grial, que só conseguiu manterse entre 1951 e 1952, xa que a censura
franquista freou o proxecto e non foi até 1963 cando puideron botar a andar Grial.
Revista Galega de Cultura baixo o paraugas dunha nova Lei de prensa, e que
converteuse nun importante instrumento da cultura galega, logro especialmente meritorio xa que estamos ante unha iniciativa altruÃsta que conseguiu manter o seu pulo durante varias xeracións.