Galaxy of Heroes chega a PC
mércores, 17 de xullo do 2024
O xogo de rol por quendas Star Wars: Galaxy of Heroes, que dende hai bastantes anos está dispoñible para iOS e para Android, inicia hoxe un novo camiño ao ofrecerse aos xogadores de PC en acceso anticipado a través da aplicación de EA para Windows.
A versión para PC do xogo leva un tempo en beta pechada, e agora ábrese a quen queira gozar deste xogo no seu equipo informático, para o que é preciso contar cun ordenador bastante modesto (por exemplo, poderÃa funcionar nun ordenador cun procesador Intel Core i3-3210 con 4 GB de RAM e gráfica nVIDIA GeForce 9600 GT baixo Windows 10 con 2,5 GB de disco duro libre.
Falamos dun xogo en liña (con xogo cruzado entre móbil e ordenador) que convÃdanos a coleccionar personaxes de Star Wars (incluÃndo series de televisión recentes como The Mandalorian) que poder empregar logo en combates estratéxicos por quendas despregados en holomesas (con diferentes modos de xogo). E aÃnda que non esteamos ante un tÃtulo especialmente popular, Electronic Arts confirmou que superara os 100 millóns de xogadores, polo que a súa ampliación a PC terÃa un dobre obxectivo: manter vivo o desenvolvemento e achegalo a novos públicos.
- Os personaxes de series recentes como The Mandalorian están presentes en Galaxy of Heroes