Galegas Dixitais leva novas actividades de capacitación TIC a Ponteareas, Vigo, Pontevedra e Silleda
mércores, 16 de agosto do 2023
O
programa de formación tecnolóxica para mulleres Galegas
Dixitais prosegue a súa xira pola nosa terra nestes meses de
agosto, setembro e outubro. Trátase dunha serie de obradoiros cos
que introducir ás participantes en competencias dixitais básicas e
avanzadas con vistas á posta en marcha de iniciativas de
emprendemento. As vindeiras actividades levaranse a cabo en
Ponteareas (a partir do 17 de agosto en horario de mañá), en Vigo e
Pontevedra (a partir do 28 de agosto) e máis en Silleda (a partir do
4 de setembro e até o 13 de outubro, na Casa da Xuventude).
Os
obradoiros veñen da man de Beproject e ARA Formación. Galegas
Dixitais é un programa financiado por fondos Next Generation da UE e
promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de
Promoción do Emprego e Igualdade.
A
iniciativa inclúe cursos gratuítos dirixido a mulleres de tres
módulos con 40 horas cada un. As asistentes recibirán un portátil
de regalo e o título oficial acreditativo. Abordaranse cuestións
como as competencias dixitais básicas e avanzadas para a actividade
empresarial e profesional.
Para
máis información cómpre visitar a web www.galegasdixitais.es
ou chamar aos números 604 03 95 75 e 886 20 37 63.