Galicia Hoxe pecha a súa edición impresa
luns, 27 de xuño do 2011
- Galiciahoxe.com manterase en liña pese ao peche da súa edición impresa
O único diario en galego que
podemos ver nos nosos quioscos, Galicia
Hoxe, dirá adeus este martes, cando menos na súa edición impresa, de xeito
que porase fin a unha traxectoria principiada o 17 de maio de 2003, aÃnda que
asegurando que a súa páxina web manterase na Rede (sen detallar se contará con
novos contidos, o que parece difÃcil ao terse en conta que os 19 profesionais
que se dedicaban á publicación cesarán no seu posto).
Galicia Hoxe tomara o relevo de O Correo Galego, cabeceira nacida o 6 de
xaneiro de 1994 como unha versión en galego de El Correo Gallego, que co novo
proxecto tiña unha vocación autonómica, o que supuxo unha importante aposta do
Grupo Correo Gallego polos contidos en galego, converténdose no único diario en
galego no mercado, o que non tivo a resposta social e institucional agardada, o
que, xunto á conxuntura económica actual, levou a este medio á súa fin,
seguindo os pasos de publicacións como A Nosa Terra,
que hai medio ano tamén cesou a súa edición en papel.
Estamos ante un
momento tristemente histórico, no que a nosa lingua esmorece nos quioscos,
quedando sen publicacións diarias, e limitándose a publicacións semanais e
mensuais, deixando un baleiro que só parece estar a cubrirse axeitadamente
dende a Internet, medio no que o galego tamén viviu momentos complicados nos
últimos anos.